Mostrando entradas con la etiqueta Sindicalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sindicalismo. Mostrar todas las entradas

28 de enero de 2012

Acto do Sindicato de Estudiantes

Vivimos a maior crise económica dende os anos 30 do século XX. E a saída do túnel non se albisca , nin moito menos, a curto prazo. Esta crise capitalista non será un fenómeno pasaxeiro; trátase dun punto de inflexión que marca un antes e un despois de todo un período histórico, con profundas implicacións sociais, económicas e políticas.
Tras tres anos de crise, a economía mundial volve situarse ao borde da depresión e unha nova rolda de quebras e rescates de bancos planea sobre Europa. Mentres, os gobernos aceleran e profundan os recortes contra o gasto social no que é unha evidente transferencia de riqueza dos máis pobres aos máis ricos.
Tanto os gobernos socialdemócratas como os abertamente dereitistas, aplican as mesmas medidas: masivos recortes sociais e transvase de diñeiro a mans dos grandes capitalistas. Con todo, estas medidas, ademais de empobrecer á clase traballadora e a mocidade, non están sacando a ningún país da recesión, se non todo o contrario.
Existe alternativa á crise? Estamos abocados a anos e anos de depresión económica? É inevitable que as nosas condicións de vida e traballo retrocedan décadas?
Os marxistas revolucionarios pensamos que nada disto ten porqué ser así e que si existe unha alternativa favorable aos intereses da clase obreira.

Acode ao acto público que organiza o Sindicato de Estudantes e o xornal marxista “El Militante”


-Compostela: Mércores 1 de febreiro, ás 18:00 na aula 8 da Facultade de historia
-Ferrol: Xoves 2 de febreiro, ás 19:00 horas na Librería Marxista (r/ Pontevedra, 18)
-Vigo: Xoves 2 de febreiro, ás 18:00 no Auditorio do IES San Tomé (Gran vía con Praza América)
-Lugo: Venres 3 de febreiro, ás 18:00 na aula 1 da Facultade de Veterinaria.
-Coruña: Luns 6 de febreiro, ás 18:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía

9 de noviembre de 2011

"Esta é a nosa campaña electoral"


AS FOLLAS DE BALANCE ESTARÁN O MÉRCORES NA AULA NA QUE TEÑADES CLASE.

5 de septiembre de 2011

Comezamos e... Folga!




O Sindicato de Estudantes secunda esta mobilización e polo tanto a Folga Xeral de profesorado convocada pola CIG faise extensiva ao alumnado. Un Saúdo.


E ademais...


No caso da Folga do día 21 non se pasarán follas de inscripción debido á falta de tempo.


"Como xa saberedes, o Mércores 21, día de comezo das clases, coincide coa convocatoria de xornada de folga de alumnos e profesores. A partir de 3º da ESO tedes dereito á Folga polo que  podedes facer uso dese dereito este mércores. De todos os xeitos é obrigatorio contar co horario para o Xoves, polo que, ou o descargades da web (ou deste blog) ou pasades a recoller unha copia." 

27 de septiembre de 2010

29 de Setembro: FOLGA XERAL


Ainda que este intenta ser un blog informativo o mais imparcial posible, non podemos pasar por alto que dentro de dous días en España haberá un paro xeralizado como protesta a reforma laboral e aos plans de axuste do goberno.
Este Martes (Mañán) aparecerá nas aulas de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato cadanseu documento para "apuntarse" á folga. Unha vez asinado este documento, o delegado/a (se tendes, senón un calquera) entregarao en Xefatura de Estudos no recreo onde o xefe de estudos revisará as listas.

Páxina oficial FOLGA DÍA 29 DE SETEMBRO