Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

16 de mayo de 2012

Devolucións


Achégase o final do curso para 2º de Bacharelato e é o momento de devolver os libros emprestados na Biblioteca, así que tan pronto como poidades pasade a facer a vosa devolución. Saúdos.

3 de octubre de 2011

Club de lectura 2011/12


Dende o próximo luns ata o día 21 de outubro está aberto o prazo para se apuntar ao
 CLUB DE LECTURA.
Todos/as as interesadas pasade pola biblioteca e formalizade a vosa participación, aportade tamén as vosas preferencias de lectura.
                                                   ANIMÁDEOS E PARTICIPADE.


Visita  http://bibliotecadocastro.blogspot.com/

14 de junio de 2011

Representación teatral


Poderám asistir as clases que queiran, sempre e cando o profesor correspondente se faga cargo do alumnado. Permitirase a entrada ata que se complete o aforo.

30 de mayo de 2011

Devólveme o libro...!


Acercase o remate deste curso e bastantes alumnos teñen débedas en forma de libro coa Biblioteca. Os morosos deberán pasar a devolver os libros o antes posible para evitar posibles sancións.

30 de abril de 2011

Gañadores Concurso de Relatos Breves

 ACTA DO CONCURSO DE RELATOS DO IES DO CASTRO CURSO 2010 – 2011
Tras unha ardua deliberación, o xurado do Concurso de Relatos, composto polos docentes da Biblioteca, en colaboración con outros membros claustrais, decidiron que os gañadores do devandito certame literario son:

MODALIDADE I (1º e 2º curso da ESO)
Primeiro premio: La muerte no nos separa de As
Segundo premio: A ti de Rub
Accésit: La última actuación de Jason Johns . Allegrd’Ascoli

MODALIDADE II (3º e 4º curso da ESO)
Primeiro premio: La oscura luz del mar de Daniel Carter
Segundo premio: Nunca es mucho tiempo de Ariadna Zunay

MODALIDADE III (1º e 2º curso de Bacharelato)
Primeiro premio: Hipócritas e inertes de Bolsa
Segundo premio: ¿Orgullo o dignidad? de Navajita

Os premios entregaranse a próxima semana.A data e lugar será anunciada nos próximos días.

Os alumnos e alumnas que queiran que os seus relatos sexan publicados, teñen que mándalos en formato dixital ao seguinte enderezo:


7 de febrero de 2011

Concurso de Relatos Breves

    
Poderá participar todo o alumnado do IES do Castro. Haberá dúas modalidades:


                Modalidade I - 1º, 2º e 3º ESO
                Modalidade II - 4º ESO, 1º e 2º BACH


   Haberá dous premios, un por cada modalidade, e cada un cun valor de 50 €.

  Os relatos poderán escribirse en lingua galega ou castelá, e deberán ser orixinais e inéditos.

  Os relatos deben entregarse antes do día 31 de marzo de 2011 na biblioteca.
  A entrega de premios correspondentes levarase a cabo o día 29 de abril de 2011 durante a hora do recreo.

  Para garantir a maior imparcialidade por parte do xurado do concurso, o relato presentarase
de forma anónima: estará asinado cun seudónimo e o alumno poñerá dentro dun sobre pechado o seu nome e apelidos, así como o curso ao que pertence. Na parte exterior do sobre escribirá o seudónimo co que asinou o seu relato así como o título deste. Este sobre entregarase xunto co relato que participa no concurso.

O relato debe ofrecer as seguintes características, sen as cales quedará descalificado do concurso:
            a) O alumno escribirá a man o seu relato, cunha extensión máxima de dúas caras (A4).
            b) Debe constar un título.
            c) Quedarán inmediatamente descalificados aqueles relatos escritos con faltas de ortografía, ou que por defectos de forma (caligrafía, marxes, interliñado...) fagan ilexibles o escrito.

3 de noviembre de 2010

Unha obriña de teatro....

Neste primeiro trimestre, o equipo da Biblioteca, está preparando unha representación de teatro lido, e dicir, non hai que memorizar nada. Nesta ocasión a obra a representar é "O Achado do Castro", unha simpatiquisima comedia ambientada no ambiente da Roma clásica.
Como non, precisamos da vosa colavoración para completar o elenco de actores e actrices. Esta obra será representada ao final da primeira avaliación, posiblemente no día de entrega de notas.
Animádevos e non deixedes pasar esta oportunidade, a risa e o divertimento están garantidos. 
Para recoller os libriños co guión pasade pola Biblioteca e pedídeo, podedes votarlle unha ollada sen compromiso e decidir se vos interesa. 

Animádevos, un saúdo

14 de octubre de 2010

Biblioteca virtual



O OPAC MEIGA ofrece a todos aqueles usuarios de bibliotecas pertencentes a rede de bibliotecas de Galicia a utilizacion de recursos electrónicos a través da páxina da nosa biblioteca.
Para acceder a nosa biblioteca, consultar os seus fondos e ter acceso a estes recursos electrónicos, buscadores web e outros enlaces de interese:



Unha vez na páxina consulta do catálogo da biblioteca, no diretorio da esquerda, imos a recursos web, entramos e estamos nos recursos electrónicos


Os recursos ofrencen enciclopedias, dicionarios, etc, de modo gratuito.
Ao seleccionar calqueira deles pediranos o código de usuario e contrasinal.


CÓDIGO USUARIO: Número de lector da biblioteca.
CONTRASINAL:  O primeiro apelido.
Cando apareza de novo a pantalla de recursos xa temos acceso a eles.
Quen non sepa o seu número de lector, pode consultar o listado que hai no tablón da biblioteca, ou ben, preguntar aos profesores.

29 de septiembre de 2010

Novo Carnet Biblioteca

Este é o novo carnet da biblioteca, grazas ao cal vos poderedes identidicar rapidamente no prestamo ou entrega de libros.
Para conseguir un carnet coma este:
  • Leva unha fotografía reciente, tamaño carnet.
  • Na biblioteca faranche o carnet
  • Levao a calquera copisteria para plastificalo
 Ademais aproveito esta entrada para lembrarvos que o prazo de inscripción no club de lectura continúa aberto ata o 15 de Outubro.