
Xunta e Deputación
pechan as aulas da natureza no Courel.
¡¡¡ Axudanos a difundir este S.O.S. !!!
¡¡¡ Reenvíallo aos teus contactos !!!
A Xunta pechou a aula da Natureza de Moreda, na entrada da Devesa da Rogueira, xusto antes de Semana Santa, despois de 20 anos funcionando.
A Deputación de Lugo, inaugurou xusto antes da campaña electoral, o 16 de marzo, unha aula nunha habitación que lle cedeu a USC na Estación Científica de Seoane e xa a vai clausurar cando remate xuño.
As dúas Institucións alegaron falta de fondos europeos, pero no seguinte blog, podemos ver como se gastan cantidades astronómicas deses fondos no Courel, tanto Xunta como Deputación.
Se o tes a ben, envíalle unha queixa amable aos presidentes da Xunta de Galicia e Deputación de Lugo:
Nós propuxemos o seguinte texto en cursiva, pero pódelo mellorar.
Estimados presidentes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo:
Cremos que pechando os seus respectivos Centros de Interpretación da Natureza no Courel, Aula Moreda e Aula da Estación Científica da USC, non van aliviar o desastre económico, ocasionado pola especulación, a cobiza obscena dalgunhas entidades financeiras e a corrupción.Seguro que sairemos adiante, fomentando a educación ambiental e o coidado da natureza,
entre outras medidas.
E para darlle unha esperanza á xente nova, teñen a ocasión de traballar xuntos, cóbado con cóbado, para manter e mellorar as aulas educativas do Courel e tomar as medidas necesarias para recuperar este marabilloso espazo natural, creando emprego sostible no mellor espazo educativo de Galiza.
Saúda atentamente.
Agradecemos reenvíes aos medios de comunicación, que coñezas, blogs, webs…
Apertas.

