
Tras tres anos sen cambios, os prezos da cafetería do instituto experimentan dende hoxe unha subida de entre 0.05€ e 0.10€. Temos que ter en conta que dende que as portas frontais se abren cada recreo as vendas da cafetería descenderon considerablemente. Desde este blog animo a todo o alumnado a realizar a compra da merenda na cafetería do instituto.