
Poderá participar todo o alumnado do IES do Castro. Haberá dúas modalidades:
Modalidade I - 1º, 2º e 3º ESO
Modalidade II - 4º ESO, 1º e 2º BACH
Haberá dous premios, un por cada modalidade, e cada un cun valor de 50 €.
Os relatos poderán escribirse en lingua galega ou castelá, e deberán ser orixinais e inéditos.
Os relatos deben entregarse antes do día 31 de marzo de 2011 na biblioteca.
A entrega de premios correspondentes levarase a cabo o día 29 de abril de 2011 durante a hora do recreo.
Para garantir a maior imparcialidade por parte do xurado do concurso, o relato presentarase de forma anónima: estará asinado cun seudónimo e o alumno poñerá dentro dun sobre pechado o seu nome e apelidos, así como o curso ao que pertence. Na parte exterior do sobre escribirá o seudónimo co que asinou o seu relato así como o título deste. Este sobre entregarase xunto co relato que participa no concurso.
O relato debe ofrecer as seguintes características, sen as cales quedará descalificado do concurso:
a) O alumno escribirá a man o seu relato, cunha extensión máxima de dúas caras (A4).
b) Debe constar un título.
c) Quedarán inmediatamente descalificados aqueles relatos escritos con faltas de ortografía, ou que por defectos de forma (caligrafía, marxes, interliñado...) fagan ilexibles o escrito.