29 de julio de 2012

Ata máis ver!!


Tras 6 anos no IES do Castro e dous a cargo deste blog chegou o momento da despedida. Foron anos cheos de experiencias e de aprendizaxe tanto lectivo como persoal, e este último débovolo a vós, á comunidade educativa e moi especialmente ao alumnado. Xuntos formamos durante estes cursos unha homoxénea masa de alumnos e alumnas da cal me sinto profundamente orgulloso. Posiblemente puiden facer máis cousas e nalgunhas ocasións mellor sería telas feito doutro xeito, pero para iso estades as novas xeracións, para continuar medrando e enmendando erros do pasado.

Botareivos profundamente en falta e prométovos algunha visita de vez en cando, pasádeo ben e moita sorte a todos!!

PÁF