1 de mayo de 2011

Saída "Antas de Ulla"


Unha parte do alumnado de música de 1º de Bacharelato realizou entre os días 25 a 28 de Abril unha saída á "Casa da Terra" situada en Antas de Ulla (Lugo). Unha experiencia inolvidable marcada polo espítito de cooperación e esforzo.
Tras a saída ás 9:15 da Estación de Autobuses de Vigo, unha amena viaxe, a chegada e unha camiñata a pé, chegaron ao seu destino, unha fermosa paraxe natural enxebre da zona lucense.
E aquí comezan as aventuras:
 Para empezar uns exercicios xa practicados en clase de confianza e percepcion sensorial prescindindo da visión, seguido dunha visita para ver un impresionante solpor, outro xogo de percepcion sensorial, despois un exercicio de reflexión,  un de imaxinación baixo a luz das estrelas, elaboración de pan de xeito tradicional, Un lip dap, unha batalla de barro.....
En definitiva unha experiencia erriquecedora, divertida e dificil de esquecer.