14 de abril de 2011

Salvemos os trens!


O goberno pretende desmantelar o tren rexional. Coa escusa do Ave quérense cargar o tren de media distancia e as paradas tradicionais, para que desta maneira os estudantes nos vexamos abocados a pagar máis por un billete de AVE ou teñamos que recurrir a desprazarnos en coches ou autobuses. O tren rexional é fundamental para manter comunicado un lugar como Galiza, cunha dispersión poboacional tan grande.

Por iso, dende o Sindicato de Estudantes levamos anos participando na plataforma SALVA O TREN. Esta Plataforma convoca para mañá Venres 15 de Abril ás 17:30, na Estación do Tren de Vigo unha concentración contra o desmantelamente das vías que o goberno está a levar a cabo. SOLICITÁMOVOS A TODOS QUE ASISTADES E QUE DIFUNDADES ENTRE OS VOSOS AMIGOS E COMPAÑEIROS ESTA CONCENTRACIÓN