10 de marzo de 2011

Solicitude de admisión


· O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o 1 de marzo ata o 31 de marzo do 2011, ámbolos dous inclusive.
· A solicitude axustarase ao modelo oficial que o poden descargar no enlace que figura á continuación.
· Deberá ter rexistro de entrada, que acredita a recepción na secretaría do centro.
· No suposto de que se presente máis dunha solicitude para a mesma ensinanza en diferentes centros, a orde de prelación determinarase atendendo ás datas de rexistro de entrada nos centros.

.pdf  Modelo para presentar a solicitude de admisión.

.pdf  Preferencias de optativas para 1º bacharelato.   (para entregar coa solicitude de admisión)