Neste primeiro trimestre, o equipo da Biblioteca, está preparando unha representación de teatro lido, e dicir, non hai que memorizar nada. Nesta ocasión a obra a representar é "O Achado do Castro", unha simpatiquisima comedia ambientada no ambiente da Roma clásica.
Como non, precisamos da vosa colavoración para completar o elenco de actores e actrices. Esta obra será representada ao final da primeira avaliación, posiblemente no día de entrega de notas.
Animádevos e non deixedes pasar esta oportunidade, a risa e o divertimento están garantidos.
Para recoller os libriños co guión pasade pola Biblioteca e pedídeo, podedes votarlle unha ollada sen compromiso e decidir se vos interesa.

Animádevos, un saúdo