1 de octubre de 2010

Unha lección de astucia de mans de 1º de Bacharelato

Como non podía ser doutra maneira teñolle que dedicar un anaquiño deste blog a comentar a que, para min, foi a nova do día. Unha amonestación multiple aplicada a 23 alumnos do IES do Castro por sair do centro en horas de clase.

Para os que aínda non se enteraron: Hoxe a ultima hora un grupu de 23 alumnos/as de 1º de Bacharelato A decidiron faltar a clase de Atención Educativa. Cunha suprema astucia sairon do centro para deprezarse 10 metros e quedar alí un momento. O Xefe de Estudos, que pasaba por alí, viunos, e como é normal seguiu a via legal correspondente amonestando un por un aos alumnos fuxitivos.

Agora preguntome eu, se consigues sair do instituto, como se che ocorre quedar nos soportales colindantes??
A resposta non a sei. O que si que sei é que non marcharon coas mans valeiras, levaron cadanseu apercibimento para a casa, e tiveron sorte de que neste instituto a saida non autorizada do centro sexa unha falta leve.

Como representante de alumnos vos digo: antes de ser malo, hai que ser listo.