6 de octubre de 2010

Que non vos ameacen!!!!



Segundo o Regulamento Réxime Interior que tendes noutra entrada deste blog:

As faltas de asistencia inxustificadas a unha materia provocará a perda do dereito á avaliación continua. O/a profesor/a da materia tomará a decisión, previa notificación do/a titor/a aos pais, cando o número de faltas sen xustificar sexa catro veces o número de horas semanais da materia, o que suporá unha única proba ao final de avaliación. Se o/a alumno/a reincide deberá presentarse a unha proba final.


Así que aínda que certo sector do profesorado vos ameace, non vos preocupedes, O Regulamento é un documento comparable a unha "lei marco do instituto", un regulamento consensuado por pais, profesores, dirección, administración e alumnado do centro a través do Consello Escolar, na súa reunión do día 29 de Xuño de 2010.
En conclusión, ningún profesor/a pode saltarse este regulamento.

A información é a mellor arma que pode ter un ser humano contra os abusos que se lle presentan ao longo da vida. Informádevos, como non, neste blog.

Saúdos