11 de octubre de 2010

Nota ANPA sobre actividades extraescolares no centro


Ás actividades extraescolares da ANPA  de VOLEIBOL e BEISBOL xa están en funcionamento no IES, pero aínda quedan prazas se estades interesados. As actividades de TAI-CJI e KUNG-FU de momento fican anuladas pola falta de inscripcións.
A actividade de BALONCESTO muda o horario inicialmente proposto. O novo horario será o MERCORES das 19:00 ás 20:30 horas, no pavillón cuberto do IES. O prazo para inscribirse remata o venres 22 deste mes entregando a ficha na caixa do correo da ANPA ou enviando unha nota ao noso e-mail, O prezo será de entre 12 e 14 €/mes, en función da demanda.
A actividade de GUITARRA tamén mudou o seu horario, por imposibilidade do profesor neste curso para asistir salvo os venres, día en que o IES pecha as súas portas polo serán. O horario proposto polo novo profesor é LUNS e MERCORES de 18:00 a 19:30 (división por niveis en función do alumnado inscrito). O prezo é variable  segundo o nivel, a demanda e coñecementos dos alumnos entre os 12€ e os 15€/mes.
Para mais información, podedes contactar con nós pola caixa de correo da ANPA no IES, no e-mail anpaiesdocastro@hotmail.com