3 de octubre de 2010

Lecturas Galego 1º Bacharelato C


Achego arquivo co listado das obras de lectura recomendadas para a materia de Lingua Galega e Literatura. Hai que escoller unha obra de lectura para a primeira avaliación. Se alguén desexa ler algunha obra que non está no listado, ten que comentarmo para facer a correspondente valoración. Se, unha vez comezada a lectura, non hai plena satisfacción coa obra escollida, previa comunicación e valoración, podería cambiarse. A volta de correo podes notificarme a obra escollida.
Acompáñase un arquivo coas instrucións para poder consultar o fondo de libros da biblioteca do Instituto

O profesor de galego de 1º Bach-C

Enlaces: