27 de octubre de 2010

Halloween? Non grazas, estou servido.....




A antiga festividade céltica do samaín (da Lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galiza, destacándose Cedeira- ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Non vos deixedes colonizar por costumes norteamericanas. Se celebrades algo, que sexa o SAMAÍN.

MAÑÁN QUEDAREDES SORPRENDIDOS ANTE A DECORACIÓN DA BIBLIOTECA.


Saúdos.