Todos os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato teñen dereito á folga ainda que algúns profesores vos digan que non.
O dereito á folga inclue que non se poida sancionar aos alumnos por asistir a folga. Ainda así hay certo sector retrogrado do claustro que toma medidas co alumnado usando outra xustificación calquera. Para estes casos hay dúas solucións: a primeira (util para todos) é poñerse de acordo entre todos os compañeiros de forma que ese/a profesor/a non pioda tomar medidas contran ninguen concreto. A segunda (útil para o Bacharelato) é asistir soamente á clase en cuestión. Esta ultima debe utilizarse para casos puntuais, xa que, se non, todos os profesores que non secunden folgas acabarán usando o sistema de tomar medidas para que a xente acuda aás súas clases.
Por suposto o dereito á folga non xustifica a falta de asistencia en caso de exame,iso si, podedes ir solo á hora do examen e voltar para a casa unha vez rematado (tanto para ESO, como para Bacharelato).
Isto é todo o que se me ocorre que vos poida ser útil, para calquera dubida puntual, coma sempre, ó correo-e alumnoiesdocastro@gmail.com.
Un Saudo.